pois si..porque ti andres me recordache q escribo...
que poetico, que diria gustavo.
Porque agora que estaba ben, hai sentimentos que me fan temer unha recaida. Non quero sentir e a forza de querer algo, acábase conseguindo.
Non digades que é unha visión pesimista da vida, que non. e so que estar como estou agora costa moito. E non quero tiralo todo pola borda por un cabaleiro andante, que viaxa en autobus. Aparece nun corcel branco e salvame dunha vez, porque estou cansa de medias tintas e de principes coellos.
30 octubre 2009
25 agosto 2009
dudando
Resulta estraño que a vida dea tantas voltas e cousas que críamos que xa pasaran volvan de novo e con máis forza. Tal é o caso de sentimentos e demais familia. De certo sei de quen estou namorada. Outra cousa é que me faga caso. Ou que me faga caso todo o tempo que quero. Sen embargo, o outro dia atopeime (a soas) cun vello coñecido. E como ven sendo o habitual, atacoume por sorpresa un enorme desexo de bicalo. Tal fixen. Pero se ás veces este xesto se queda sen resposta, desta volta, non.
O día seguinte quedamos. Para min era a primeira vez que tiña unha cita, digamos non só sexual, así que todo resultaba novidoso. Volvín a sentirme coma cando tiña quince anos. Claro que unha non é de ferro, e o velo alí tirado na toalla... Foi sexo normal, nin dos de "que-aburrimento" nin dos "oh-meu-deus". Pero había algo na súa mirada que me impedía fuxir coma tantas outras veces. Fixen un esforzo enorme por non sabotearme a min mesma coma outras veces. Quería que durase moito aquel momento.

19 julio 2009
cantos amigos tes? cantos? canto tempo levas esperando por el? canto esperando realizar ese estúpido soño que nunca se cumprira? desengáñate. nesta vida estas e estaras so por sempre, os soños non se cumpriran, el non aparecera para salvarte do mundo nun estupendo corcel branco. porque asi é a vida. porque a pesar de sermos millons de celulas en realidade a soidade acompañanos sempre. porque buscar a perfeccion porque? se nunca a atoparas, nunca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)